As cores do Orgullo alumean Galiza

A manifestación de Vigo foi a máis concorrida do país. [Imaxe: Marea de Vigo]
Milleiros de persoas saíron á rúa para reivindicar igualdade. [Imaxe: Marea de Vigo]
Este ano cúmprese medio século dos disturbios de Stonewall. [Imaxe: En Marea]
Na Coruña, centos de persoas manifestáronse con motivo do Día do Orgullo. [Imaxe: Esquerda Unida]
Imaxe da mobilización na cidade herculina. [Imaxe: Esquerda Unida]
O Concello da Estrada luciu por vez primeira na súa historia a bandeira do Orgullo. [Imaxe: Avante LGBT]
Galiza Nova mobilizouse en Vigo. [Imaxe: BNG]
En Cabanas, coma noutros concellos, os actos desenvolvéronse ao longo da última semana. [Imaxe: cedida]

Milleiros de persoas participaron ao longo da xornada deste sábado nas mobilizacións convocadas nas sete cidades galegas e en diferentes vilas do país para celebrar o Día do Orgullo LGBTI+, xusto cando se cumpre medio século da revolta de Stonewall, que visibilizou decisivamente a discriminación que sofren as persoas por razón da súa orientación sexual.