Votan os candidatos

O candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, depositou o voto no colexio García Barbón, en Vigo. En declaracións á prensa dixo estar "tranquilo", se ben recoñeceu "que nos xogamos moito" este 21-O.
Pachi Vázquez, candidato do PSOE, exerceu o dereito ao voto na súa vila natal, O Carballiño. Chamou á participación afirmando que "Galiza sabe o que se xoga" e que "esta noite non haberá fallo porque os cidadáns sempre acertan"
Desde o colexio electoral do barrio do Castrillón, na Coruña, o candidato do BNG, Francisco Jorquera, chamou á participación "masiva" para iniciar "un cambio de rumbo" nunhas eleccións "decisivas" para o noso país.
Após deixar o seu voto na mesa electoral instalada no centro social de Brión, Xosé Manuel Beiras, candidato de AGE, dixo que "podería morrer feliz antes de saber o resultado", e acrecentou que "pase o que pase mereceu a pena".
Xoán Bascuas, candidato de CxG, foi dos máis madrugadores. Após depositar o voto no centro sociocultural do Ensanche, dixo esperar "a axuda para o que madruga".
Imaxes dos cinco candidatos á Xunta nos seus colexios electorais