GALERÍA | Así celebrou Balaídos a decisiva vitoria do Celta
05 de xuño de 2023 (13:36 h.)
Os dous goles dun Gabri Veiga convertido no inesperado heroe que noutrora fora Iago Aspas selaron unha agónica permanencia en Primeira para o Celta, que a vindeira tempada, coincidindo coa celebración do seu centenario, disputará a duodécima campaña consecutiva na elite. Antes, durante e despois do partido, a afección celeste non fallou nunha cita crucial e arroupou aos seus de principio a fin.
LE A CRÓNICA AQUÍ: Dous goles de Gabri Veiga garanten a permanencia do Celta en Primeira