O Encontro de Embarcacións Tradicionais despediuse da Guarda cunha homenaxe ás tripulacións e voluntariado

Agardando para embarcar
Bautismo de mar
Colaboradoras e tripulacións participantes
Embarcacións participantes
Embarcacións
Encontro de embarcacións
Encontro na Guarda
Entrando na Guarda
Feira no Encontro
Foto de Santiago Baz
Grupos locais percorreron a vila cantando
Mostra
Porto

Até 90 embarcacións izaron as velas para despedirse da Guarda após catro días de intensa programación no marco do Encontro de Embarcacións Tradicionais.

O domingo 14 de xullo este evento bianual chegou á súa fin coroando a XIV edición do encontro cunha homenaxe ás 120 veciñas e veciños da Guarda que colaboraron como voluntariado para facelo posíbel.