ECONOMÍA
A paralización de parques eólicos nos tribunais provoca as primeiras suspensións das expropiacións previstas
17/maio/24
A Consellaría de Economía e Industria vén de notificar a paralización do procedemento expropiatorio para a construción do parque denominado Meirama, no concello de Carral, Cerceda e Ordes.
LINGUA
Rueda pide consenso para facer "rexurdir" o galego: "Queda moito por facer"
17/maio/24
"Aínda quedan etapas por diante, quedan por superar moitos desafíos, sabemos que a fórmula idónea é o respecto ás diferentes sensibilidades", di o presidente da Xunta.
SOCIAL
Betanzos solicita a intervención da Xunta para retirar as ocas que "atacan a veciñanza"
16/maio/24
Os animais, algúns domésticos, habitan na contorna do paseo da Galera.
Ensino
A polémica sobre E-Dixgal chega á Valedora do Pobo
15/maio/24
O programa do libro dixital fica no albo das críticas mentres cada vez máis voces piden recuperar o libro tradicional.
Xustiza
O TSXG xa paralizou este ano 40 parques eólicos polos "danos irreversíbeis" que poderían ocasionar ao medio ambiente
14/maio/24
A Xustiza suspende cautelarmente outros seis novos proxectos, os denominados Monte do Cordal, Dos Cotos, Mesada, Legre, Treboada e Xeada.
Crónica
O PP veta que o Parlamento galego investigue os contratos da Xunta na Covid
14/maio/24
O PP rexeitou esta terza feira por segunda vez nesta lexislatura —que este sábado fai dous meses— que se investigue a contratación do Goberno galego durante a Covid. A solicitude do BNG dunha comisión de investigación parlamentaria sobre a contratación na pandemia si foi apoiada polo PSdeG e DO mais foi insuficiente.
Medio Ambiente
Moncloa delega na Xunta as potenciais afeccións de Altri
13/maio/24
O Goberno estatal lembra que a tramitación ambiental e o potencial impacto das instalacións sobre o medio son competencia de San Caetano.
star
Mar
Mariscadoras exixen á Xunta controlar as verteduras e sanear as rías: "A situación é crítica"
13/maio/24
Colectivos do sector do marisqueo das rías galegas entregaron esta segunda feira na Delegación da Consellaría do Mar en Ribeira (O Barbanza) un escrito exixindo que a Administración galega asuma as súas competencias e actúe na súa defensa.
Consello da Xunta
Rueda recoñece problemas na dixitalización do ensino: "Estamos coñecendo algunhas renuncias ao modelo E-Dixgal"
13/maio/24
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, referiuse esta segunda feira aos problemas no programa de dixitalización no ensino público, E-Dixgal, denunciados estes días por comunidade educativa de distintos centros, aínda que non avanzou medidas para mellorar dito sistema.
POLÍTICA
O PSdeG ve "incoherente e lesiva" a "extinción" da Axencia Galega da Industria Forestal
12/maio/24
Carmen Dacosta presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Executivo galego que explique esta decisión, "en contra" dos compromisos adquiridos durante a campaña electoral polo PP.
POLÍTICA
Rueda pide por carta unha reunión a Sánchez para abordar "asuntos estratéxicos" para a Galiza
11/maio/24
Na misiva con data do 10 de maio de 2024, Rueda explica a Sánchez que quixo que o seu primeiro encontro institucional fose co rei español Felipe VI.
POLÍTICA
O PSdeG sobre as mudanzas nas área sanitarias: "Cando algo se cambia é porque non funciona"
11/maio/24
"Son moitos os síntomas que mostran a gravidade na que se atopa a nosa sanidade", expuxo o socialista.
POLÍTICA
Sanidade muda as xerencias das áreas sanitarias de Compostela, Ourense e Ferrol
11/maio/24
A substitución de Eloína Nuñez á fronte da área compostelá será cuberta polo até o de agora responsábel da área ferrolá, Ángel Facio, o que provoca que Fernanda López Crecente se vaia pór á fronte da de Ferrol. Ademais, Félix Rubial é substituído en Ourense por José Santiago Camba Bouzas.
SOCIAL
O feminismo galego critica a "ideoloxía retrógrada" do PP ante a eliminación da Secretaría Xeral de Igualdade
10/maio/24
Varias organizacións feministas galegas lanzan un manifesto conxunto ante a decisión do Executivo galego.
CULTURA
Os murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos da Coruña serán patrimonio público galego
10/maio/24
A Xunta da Galiza adquirirá os murais de Urbano Lugrís localizados nos números 25 e 27 da rúa Olmos da Coruña tras presentar no Xulgado Mercantil número 3 da Coruña a resolución para exercer o dereito de tenteo.
star
Sanidade
Crece a privatización da sanidade: aumenta en 9% nun ano o gasto por persoa en probas e consultas na privada
10/maio/24
Nun ano a maioría das variábeis para medir a privatización da sanidade galega empeoraron. Hai máis galegas e galegos recorrendo á privada e aumentou o gasto en consultas e en probas á marxe da pública. Un feito que se suma aos recortes na sanidade pública e que recolle o informe das Asociacións para a Defensa da Sanidade.
POLÍTICA
Pontón considera que o Tribunal Constitucional "anulou a barbaridade do PP"
09/maio/24
O BNG exixe compromisos coa liña O Porto-Vigo.