star
TRABALLO
Cal sería a chave para que as traballadoras do fogar teñan convenio propio?
17/maio/24
No mes de abril, indica a Seguridade Social, formaban parte do colectivo de traballadoras do fogar 23.145 persoas, das que 22.581 son mulleres e 564 homes. Un grupo de investigadoras e investigadores da Universidade da Coruña (UDC) estudou as posibilidades de que conten con convenio colectivo. Unha das propostas de actuación apunta como posibilidade incentivar que se asocien as persoas empregadoras.