Riazor recupera os automatismos
O recente empate co Numancia após desbaldir dous goles de renda ten todo o aspecto de ter sido un accidente. Este domingo, Riazor volveu presenciar un cómodo triunfo da equipa de Natxo González. Sen brillo, de acordo, mais sen apuros. A bola parada foi chave.
Profecía autocumprida en Riazor
As mensaxes que emitía durante esta semana o vestiario do Dépor delataban certo estado de ánimo, non precisamente o que predispón para as vitorias. A idea básica é que a xeira triunfante en Riazor —até este sábado só voaran dous puntos en todo o campionato— non ía durar taumaturxicamente sempre. Había que estar atento, en calquera momento podía chegar o tropezo. É ben cedo que o fixo. Este mesmo sábado, após desbaldir unha sustanciosa renda de 2 goles.
Riazor: hai veces en que todo sae ben
Si, Riazor viviu unha desas rarezas dun triunfo sen sufrimentos. Todo saíu até mellor que na pizarra de Natxo González. O treinador vasco non podía ter pintado nela a obra de arte que o dianteiro sevillano Carlos Fernández regalou á freguesía branquiazul no 2-0. Slalon, duplo caneo e finalización, emboque polo pau corto, o gardamallas a se deitar cara ao longo, xogada que de ter sido asinada por Messi ou Ronaldo daría a volta ao mundo.
Sen entradas para #oNosoDerbi en Riazor: Dépor e Celta chegan nun momento doce
Cheo total en Riazor para acoller a volta de #ONosoDerbi este domingo, a partir das 18.30 horas. As últimas cen entradas á venda esgotáronse en cuestión de horas, segundo informou o club nun comunicado, e todo fai prever que o estadio coruñés rexistrará a mellor entrada da temporada.
O temporal que espiu a deterioración de Riazor e Balaídos
O temporal puxo ao descuberto o estado de dous dos recintos deportivos máis emblemáticos do país, os estadios municipais de Riazor e Balaídos. Explicámosche aquí as chaves de por que foron suspendidos os Dépor-Betis e Celta-Real Madrid (e a histeria que se desatou na capital do Estado polo cancelamento do choque en Vigo).
Lucas, novo virrei de Riazor
Por fin, o Deportivo puxo en práctica en Riazor, con resultados, o que tan ben soubo mostrar no arranque da Liga fóra da casa
O Dépor logra o primeiro triunfo da temporada en Riazor (3-0)
O Depor brillou esta tarde en Riazor no partido que disputou fronte ao Espanyol. Fíxoo capitaneado por un Lucas Pérez que marcou dous dos tres tantos que subiron ao marcador a favor do equipo local.
Unha bala estragada en Riazor
Falta sentido común no Dépor. No xogo, na dirección técnica, na bancada.
A dupla Fariña-Fabricio salva a continuidade de Víctor nun semidesértico Riazor
Os blues deixaron as súas bancadas baleiras e Riazor presentou un aspecto paupérrimo. A fractura no deportivismo, sen soldar
O Consello de Administración do Dépor estuda medidas contra os riazor blues
A cúpula directiva do Deportivo podería actuar esta terza feira contra os riazor blues após os sucesos de Madrid. Barállase a hipótese da clausura de Maratón Inferior, a bancada que ocupan os hinchas branquiazuis. Por súa parte, os blues emitiron un comunicado para negar que houbese unha “quedada” co Frente Atlético e para demandar a “pronta posta en liberdade” dos seus compañeiros detidos.
Riazor xa prepara a marea do regreso á Primeira
A Coruña xa loce en branquiazul a poucas horas de que o Deportivo máis galego xogue ante o Xaén coa necesidade de sumar un só punto que o devolva á máxima categoría. 300 persoas acudiron a animar os xogadores no último adestramento namentres se torna nun fenómeno viral o vídeo da canción dedicada ao club que estrearon Os Diplomáticos na presentación da súa biografía. VÍDEO NO INTERIOR
Retiran unha faixa de 12m en Riazor polo dereito ao aborto
A Plataforma en defensa do dereito ao aborto da Coruña colocou unha faixa no estadio de Riazor durante o Dépor-Sporting. A acción rematou coa retirada da faixa por parte do persoal de seguridade do estadio.
O Dépor afonda a súa crise de resultados e cede unha nova derrota en Riazor, na despedida de Lendoiro
Mesmo na peculiar Liga de Segunda División é imposíbel ser líder cando só se suman 3 pontos en 5 partidos. O Dépor afondou a súa crise de resultados, embora se manteña en postos de ascenso direto. Lendoiro viviu o seu último xogo desde o palco.
Táboas nun duelo moi táctico en Riazor, con Dépor e Lugo facendo de si proprios
Foi un duelo moi táctico, un choque de treinadores (0-0). Na primeira metade con cor branca azul. Na segunda, con claro dominio branco vermello. O Deportivo fixo de Deportivo e o Lugo, de Lugo. Dous estilos contrapostos. Dúas apostas por tirar o maior proveito posíbel dos recursos respectivos.