OTAN

A finais de abril, o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, desprazouse á China para “socavar” a relación entre o país asiático e o seu aliado ruso, sinalou a axencia Reuters, que a quinta feira admitiu que “parece que foi un intento falido” após a chegada a Beijing, a capital chinesa, do líder ruso, Vladimir Putin, na súa primeira visita de Estado, que remata hoxe, após a súa toma de posesión a semana pasada, logo de revalidar o cargo.

Tras aterrar, Putin e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, asinaron unha declaración conxunta co acordo de “profundar” a súa “asociación estratéxica” a raíz do 75 aniversario do estabelecemento de relacións diplomáticas. Esta data “é un novo punto de partida para crear maiores sinerxías nas estratexias de desenvolvemento e continuar enriquecendo a cooperación bilateral”, sostivo Xi, que antes da rúbrica transmitiu a Putin que “somos un bo exemplo para outras potencias en canto a respecto e franqueza”, nunha relación que “favorece a paz, a estabilidade e a prosperidade da rexión e do mundo”.

Tamén fixo fincapé nas súas relacións, que “pese a algúns altibaixos” foron “fortalecéndose e resistiron a proba do cambiante panorama internacional”, lembrando que se reuniu con Putin “máis de 40 veces” e destacando a súa colaboración nunha “orientación estratéxica” que “asegurou o desenvolvemento sólido, estábel e fluído dos nosos lazos”, chaves para “defender a xustiza" no planeta.

Pola súa parte, Putin salientou que “non son oportunistas nin dirixidas contra ninguén”, e reiterou que “a nosa cooperación en asuntos internacionais é un dos factores de estabilidade na escena mundial”, póndoa como “exemplo de como se deben construír vínculos entre Estados veciños” e citando o fortalecemento dos vencellos na cooperación nuclear, enerxética ou na subministración de alimentos.

No tocante á enerxía, medios internacionais apuntaron como un dos posíbeis asuntos que se trataron o referente á proposta de gasoduto Poder de Siberia 2, que uniría Rusia e a China a través de Mongolia e que permitiría enviar 50.000 millóns de metros cúbicos de gas natural por ano. En 2023, Rusia converteuse no principal provedor petrolífero chinés, desprazando Arabia Saudita tras redirixir as súas operacións comerciais por mor das sancións coercitivas implementadas contra o país por Estados membros ou da contorna da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) pola invasión de Ucraína.

Asemade, o líder ruso defendeu a colaboración no ámbito dos coches eléctricos, dando os parabéns á China por “un éxito claro e moi obvio” neste campo, poucos días despois de que os Estados Unidos anunciaran que elevarían os aranceis aos vehículos eléctricos chineses a 102,5%, aducindo que buscan protexer sectores “vitais” para a “seguridade nacional”.

Amais dos acordos de colaboración en diversos sectores, como a intensificación dos lazos militares, Xi e Putin tamén pactaron “promover a multipolaridade e a globalización” e coordinarse en institucións internacionais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) para “conducir a xestión global na dirección correcta”, así como “reformar e despolitizar institucións multilaterais como a Organización Mundial do Comercio (OMC) ou o G20” para “adecualas ás realidades modernas”.
Presión occidental contra a China

Artyom Lukin, docente da Universidade Federal do Extremo Oriente rusa, explicou ao xornal South China Morning Post que a visita “ten unha importancia pouco usual” e podería “definir a dirección futura dos lazos sino-rusos no futuro previsíbel”, no contexto da presión dos Estados Unidos para que Beijing limite o comercio con Moscova de bens de dobre uso (civil e militar), o que “equivale á exixencia dun embargo xeral sobre o comercio con Rusia”.

Nese sentido, Li Mingjiang, profesor da Universidade Tecnolóxica de Nanyang, en Singapur, considerou “pouco probábel” que o país asiático efectúe concesións relevantes a Washington, apuntando que as “tácticas de presión” occidental xerarán incerteza nas relacións bilaterais.

O comercio sino-ruso pasou de 133.000 millóns de euros en 2021 a 220.000 millóns o pasado ano, e Putin aseverou que 90% dos acordos comerciais realízase nas súas propias moedas, avanzando coa desdolarización.

Sexa como for, ambos os líderes exhibiron o seu aliñamento nas cuestións internacionais, concordando en que é “extremadamente urxente” resolver a agresión militar israelí contra o territorio palestino de Gaza, insistindo no seu apoio á “solución de dous Estados” e á implementación das resolucións da ONU ao respecto, organismo cuxo Consello de Seguridade exixiu un alto o fogo, detallou Xi.

Sobre Ucraína, subliñou que están de acordo en que “unha solución política á crise” é a “dirección correcta”, demandando “respecto para a integridade territorial de todos os países” e as “lexítimas preocupacións de seguridade de todas as partes”, ao que Putin contestou remarcando que é un enfoque que evita a “mentalidade da Guerra Fría”.
Zelenski admite a "difícil" situación en Khárkiv

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, estivo a quinta feira na rexión de Khárkiv, onde indicou que a zona está “en xeneral baixo control”, mais recoñecendo unha situación “extremadamente difícil”. Ademais, militares de Kíiv afirmaron á axencia AP que frearon os avances de Rusia en Vovchansk, o que foi rebatido polas autoridades rusas.

En todo caso, o pro occidental Instituto para o Estudo da Guerra debullou que o ritmo das operacións rusas “continúa diminuíndo” logo de facerse coas áreas fronteirizas menos defendidas, o que é coherente coa prioridade que outorga Moscova a crear unha zona de amortecemento que free os ataques ucraínos contra Belgorod, a cidade rusa máis próxima á fronteira. A prensa ucraína arremeteu contra a corrupción no país, cuestionando onde están os cartos dedicados a defensas militares que non foron finalmente desenvoltas.

Unha análise levada a cabo onte pola axencia AFP con datos do Instituto cifra en 257 km cadrados a área tomada polas tropas rusas desde o comezo da operación a finais da semana pasada até a cuarta feira, que abriu unha nova fronte de guerra, en Khárkiv. No resto de frontes a progresión foi de 21 km cadrados, incluído Robotine, a principal localidade tomada por Ucraína na súa falida contraofensiva de 2023.

Vladimir Putin, presidente ruso, e Xi Jinping, o seu homólogo chinés, a quinta feira en Beijing, a capital da China. (Foto: Kremlin / DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A China e Rusia "profundarán" na súa cooperación e coordinaranse para "conducir a xestión global na dirección correcta"

O presidente ruso, Vladimir Putin, chegou á China para unha visita de Estado de dous días.
Volodimir Zelenski, líder ucraíno. (Foto: Presidencia de Ucraína / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

As forzas rusas avanzan en Khárkiv e consolidan unha nova fronte na guerra de Ucraína

Ucraína asinará con España un acordo de seguridade seguindo a liña doutros membros da OTAN.
Kristersson (centro), líder sueco, a segunda feira cos seus homólogos nórdicos. (Foto: Nós Diario)
Agora

O Goberno sueco avalaría despregar armas atómicas dos Estados Unidos en caso de declararse unha guerra

Ulf Kristersson, primeiro ministro de Suecia, salientou a segunda feira que “en caso de guerra” aceptaría a despregadura de armas nucleares dos Estados Unidos no territorio do país, incidindo en que a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) “beneficiaríase do paraugas que proporcionaría”. Suecia segue Polonia, que trasladou con anterioridade a súa disposición a despregar esta clase de armas e admitiu negociacións ao respecto.

O presidente das Maldivas, Mohamed Muizzu, co mandatario da China, Xi Jinping, en Beijing, no pasado mes de xaneiro. (Foto: Liu Bin / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

A China gaña influencia no Índico despois da expulsión do Exército indio das Maldivas

A competición pola influencia no Índico, onde a India era predominante, comeza a virar en dirección á China, que aumenta o seu peso nas Maldivas coa expulsión do continxente militar indio, que levaba instalado no arquipélago desde o ano 2010.

Realidades paralelas

A ministra de Defensa, Margarita Robles, observa distintos tipos de armamento na Base Aérea de Morón, Sevilla, o pasado 8 de marzo. (Foto: Francisco J. Olmo / Europa Press).
star
Análise

O prezo da guerra "inevitable"

Luca Chao é doutora en Ciencias Sociais, politóloga e experta en migracións internacionais.

Médio Oriente

Tanques almacenados en Bélxica. (Foto: Nicolas Landemard/ Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A OTAN concentrou en 2023 55% do gasto militar mundial, que supón 1,27% do PIB do planeta

Noveno ano consecutivo de suba.
Andrzej Duda, presidente de Polonia. (Foto: Damian Burzykowski / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Polonia amosa a súa disposición para albergar armas nucleares de EUA no seu territorio

Rusia di que "tomará as medidas necesarias" para garantir a súa seguridade.

Votación no Parlamento da UE a pasada semana. (Foto: Daina Le Lardic / Parlamento da UE)
star
INTERNACIONAL

A pobreza e a sanidade pública, principais preocupacións da poboación da UE de cara aos comicios de xuño

O Estado español é o cuarto cun maior risco de pobreza e exclusión social dos 27 Estados membros da Unión Europea, coa Galiza case catro puntos por riba da media do bloque. Tras a pobreza, a sanidade e a economía completan as tres prioridades fixadas pola cidadanía.
Hospital destruído nas proximidades de Zaporijia, a pasada semana. (Foto: Andriy Andriyenko / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A guerra en Ucraína alcanza o seu décimo aniversario sen indicios de que a paz sexa posíbel a curto prazo

O sábado faise unha década desde que comezaron os combates no leste ucraíno, logo do golpe de Estado instigado por países membros da OTAN, que derivaron nunha guerra civil e na posterior invasión rusa. Arredor de 14.000 civís perderon a vida desde o inicio do conflito armado. 

75 anos da NATO

Discurso de guerra e reaxuste a todos os niveis

'Amencer vermello'

Os Estados Unidos teñen o maior gasto militar do planeta, triplicando o de Rusia e China xuntas. (Foto: Mediavn).
star
Análise

Belicismo e vasalaxe europea

Henrique del Bosque é licenciado en Dereito e ensaísta.
Blinken, titular de Exteriores dos EUA, e Stoltenberg (OTAN). (Foto: NATO / DPA vía Europa Press)
Agora

A OTAN insiste en que "Europa precisa os Estados Unidos para a súa seguridade"

Na celebración a quinta feira do 75 aniversario da súa fundación, o secretario xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), Jens Stoltenberg, reiterou que “Europa necesita os Estados Unidos para a súa seguridade”, ao tempo que Washington precisa a “vasta rede de Intelixencia” e a “influencia diplomática” europea. Un terzo dos Estados europeos non pertence á alianza militar liderada polos Estados Unidos.

Jens Stoltenberg a cuarta feira. (Foto: NATO / DPA)
INTERNACIONAL

A OTAN propón destinar 100.000 millóns de euros para Ucraína

A alianza militar celebrou esta cuarta feira o seu 75 aniversario.
Maó
INTERNACIONAL

O Goberno español converte Maó na terceira base naval da OTAN no Estado

O porto de Maó, en Menorca, nas Illes Baleárs, converterse na terceira base naval permanente da OTAN no Estado español.

O presidente de Francia, Emmanuel Macron. (Foto: Nicolas Maeterlinck / Belga / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Os EUA, "enfurecidos" con Macron pola escalada de tensións con Rusia

Debate polo envío de tropas da OTAN a Ucraína

Rússia e as refinarias