Os campus universitarios de Compostela, Vigo, Ourense, Pontevedra e Lugo acolleron esta terza feira, 14 de maio, senllas concentracións simultáneas de solidariedade co pobo palestino. Seguindo o rastro dun movemento global, o estudantado galego urxe unha rección institucional ás tres universidades do país, de condena e boicot ao Estado de Israel.
As ramas de Ciencias Sociais e Humanidades vertebran os estudos relacionados coa análise do individuo e a evolución da sociedade. 'Xeración Alfa' repasa a oferta formativa dispoñíbel.
Non hai temática que se lle resista á creación de contido en galego. As redes resultan un portal para a información, a divulgación, a cultura, o lecer e o entretemento...Consolídase así unha industria na que a creatividade esperta na lingua propia
Bruno Arias é o director revelación do cinema galego. Con só 25 anos debutou co filme 'Os espazos en branco', premiado cun Mestre Mateo. 'Xeración Alfa' conversa con Arias sobre mocidade e audiovisual.
Psicólogas, psiquiatras e divulgadoras da Galiza e do mundo fan que a saúde mental deixe de ser tabú. Loitan cotra os prexuízos, pola normalización e unha atención sanitaria gratuíta.
Hoxe 'Nós Diario' achega o segundo número de 'Xeración Alfa', a revista da mocidade galega. Ana Loureiro e Rafael Ruíz-Matas, coordinadores da publicación, explican a importancia desta revista en papel, en galego e dirixida á xente nova, así como as expectativas e os contidos que sairán nas seguintes entregas en maio.
Pontevedra acolleu esta terza feira a presentación pública da nova revista xuvenil editada por Sermos Galiza S.A., 'Xeración Alfa', coincidindo co día en que saíu do prelo o primeiro número. Miles de mozos e mozas de todo o país puideron gozar xa dos variados contidos que lles ofrece esta nova publicación, desde o sector cultural até a moda, o deporte ou a formación.
Máis alá das recreacións de partos en directo, os debuxos de aparatos reprodutores nas clases de bioloxía ou as primeiras charlas sobre sexualidade, quedan aínda dúbidas por resolver.
Nos últimos anos, o fenómeno neofalante adquiriu grande importancia na realidade sociolingüística do país. Cada vez máis persoas deciden pasarse ao galego, atraídas pola riqueza e a valía dunha cultura e lingua propias coas que vivir no mundo.
Após rematar o ensino obrigatorio, o alumnado galego dedica os seus esforzos a investigar cal é o camiño a seguir para lograr as súas metas. 'Xeración Alfa' repasa a oferta formativa.