VÍDEO NO INTERIOR
Creadoras de contido amosan apoio á mobilización de Queremos Galego en defensa do idioma
14/maio/24
A manifestación será o 17 de maio en Compostela.
POLÍTICA
Besteiro reclama que a Xunta se "poña as pilas" para que a Galiza "non perda oportunidades" en materia industrial e de emprego
01/maio/24
Así o expresou en declaracións aos medios antes de participar na manifestación convocada por CCOO e UXT en Lugo con motivo do 1 de Maio.
SOCIAL
A Plataforma Ulloa Viva convoca a primeira manifestación contra o proxecto de Altri: será o 26 de maio en Palas de Rei
24/abr./24
O colectivo mantivo encontros cos distintos grupos parlamentarios galegos, aos que entregou un documento respecto do impacto ambiental, social e económico do proxecto de Altri.
SOCIAL
Denuncian a agresión en Lugo a unha moza por levar a bandeira saharauí
23/abr./24
Os feitos aconteceron durante unha manifestación en solidariedade con Palestina decorrida en Lugo o pasado domingo.
INTERNACIONAL
Fotografías de satélite demostran que Israel ultima os preparativos para asaltar Rafah, no sur de Gaza
23/abr./24
A ONU pide unha investigación sobre as foxas comúns.
SOCIAL
Asociacións de solidariedade con Palestina organizarán un acto de repulsa do xenocidio de Israel contra o pobo palestino
20/abr./24
O próximo domingo, día 21, a partir das 11 da mañá na Praza da Quintana, organizarán un mosaico xigante coas cores da bandeira palestina.
star
Reportaxes
50 anos de Revolução de Abril em Portugal … mas quase 50 anos de financeirização da habitação e a reemergência do fascismo
19/abr./24
A menos de um ano das celebrações dos 50 anos da Revolução de Abril em Portugal, que acabou com a ditadura e instalou o que se chamou de democracia, tiveram lugar as maiores manifestações por habitação da história do país, que pediam "Casa para viver". Comparável a estas apenas, talvez, as manifestações nos primeiros anos revolucionários, também estas massivas, que pediam "Casas sim, barracas não".
Agora
As Canarias saen á rúa para reclamar a fin da masificación turística
19/abr./24
Nas Canarias, o modelo turístico levou a que cada vez máis persoas se vexan obrigadas a vivir en chabolas, covas e incluso nos seus vehículos pola alza da vivenda causada por, entre outros, polo avance dos pisos turísticos. Neste sentido, as oito illas desenvolverán o sábado mobilizacións para protestar por este modelo, a masificación e a falta de protección de residentes e natureza, instando a frear o crecemento de aloxamentos turísticos.
LINGUA
'Galego vivo, Galiza viva', lema da manifestación pola lingua do 17 de maio
19/abr./24
A plataforma Queremos Galega, integrada por máis de medio millar de entidades sociais e culturais do país, chama a mobilizarse o 17 de maio en defensa da lingua e reclamar o compromiso de gobernos e institución públicas para que o galego "estea en todo e para todo".
SOCIAL
"Stop xenocidio!": Volven saír ás rúas en solidariedade con Palestina
15/abr./24
A praza da Quintana acollerá este sábado a construción dunha bandeira mosaico
TRABALLO
Os sindicatos mobilízanse en Vigo ante o incremento da sinistralidade laboral
11/abr./24
A CIG, CCOO e UXT lembran as 10 mortes acontecidas no que vai de ano.
TRABALLO
Dependentas de Inditex exixen melloras laborais na Coruña: "Non somos 'niñas' somos traballadoras"
07/abr./24
As dependentas do grupo empresarial volveron saír á rúa ante a falta de avances nunha negociación que piden trasladar á Galiza. Urxen igualdade e mellores condicións para todas as compañeiras.
TRABALLO
Profesionais da dobraxe denuncian "unha situación insostíbel e moi precaria"
17/mar./24
O persoal da dobraxe reivindicou "que se aplique o convenio colectivo de dobraxe", "ignorado e vulnerado", e que, ademais, leva sen actualizarse desde 2006.
TRABALLO
Paulo Carril, secretario xeral da CIG: "A chamada transición enerxética na Galiza é unha auténtica demolición"
09/mar./24
Este domingo, 10 de marzo, conmemórase o Día da Clase Obreira Galega. Con motivo desta sinalada data, 'Nós Diario' conversa co secretario xeral da CIG, Paulo Carril, sobre a vixencia das reivindicacións de 1972 e sobre os problemas actuais que sofre a clase traballadora galega.
TRABALLO
Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO na Galiza: "Pediría a Alfonso Rueda que escoite máis, porque non adoita facelo"
09/mar./24
Este domingo, 10 de marzo, conmemórase o Día da Clase Obreira Galega. Con motivo desta sinalada data, 'Nós Diario' conversa coa secretaria xeral de CCOO na Galiza, Amelia Pérez, sobre a vixencia das reivindicacións de 1972 e sobre os problemas actuais que sofre a clase traballadora galega.
SOCIAL
O feminismo galego reivindica a forza das mulleres contra todas as formas de violencia
08/mar./24
A loita das mulleres palestinas e das traballadoras da limpeza de Lugo ocuparon un lugar destacado este 8-M
SOCIAL
As mulleres da CIG claman contra a precariedade: "A escravitude do século XXI"
08/mar./24
A secretaria das Mulleres da CIG, Nicolasa Castro Monteiro, denunciou que a precariedade “é a que caracteriza a situación laboral da maior parte das traballadoras na Galiza.
TRABALLO
A CIG centrará as reivindicacións do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, na reclamación dun marco galego de relacións laborais
06/mar./24
A CIG fixo esta cuarta feira un chamamento á mobilización polo 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, nas sete cidades galegas “para dar resposta á grave situación de precariedade e pobreza que atravesa a maioría social e reclamar un marco galego de relacións laborais”.