A illa de San Simón acolle a 2ª edición do Conecta Lab
Durante dez días nove cineastas e guionistas do audiovisual galego desfrutarán destas residencias artísticas recibindo formación e titorías personalizadas de recoñecidos profesionais do sector como Isaki Lacuesta, Rocio Mesa, Laura Ferrés, Jaione Camborda ou Chema García Ibarra.
Premios Goya: O audiovisual galego suma dous novos galardóns
Janet Novás e Martín Romero recolleron onte cadanseu premio nun certame no que arrasou La sociedad de la nieve de J. A. Bayona
'O Corno' de Jaione Camborda, nominado aos Premios Feroz
Os Premios Feroz 2024, que terán lugar o 26 de xaneiro en Madrid, completaron esta quinta feira a súa lista de nomeados con dez títulos que compiten polo Feroz Arrebato de ficción e de non ficción, dúas categorías que buscan recoñecer aquelas obras con especiais logros artísticos e achegas innovadoras nos seus respectivos campos. Na categoría de Feroz Arrebato de non ficción, o xurado nomeou o filme galego O corno, de Jaione Camborda; así como La imatge permanent, de Laura Ferrés. O filme de Camborda acumula así máis unha nominación ás múltiples que vén recibindo.