Quen é quen nas catro candidaturas de IU á Asemblea Federal?
Catro candidaturas optarán ao liderado de IU na próxima asemblea federal, tras a saída do ex ministro Alberto Garzón como coordinador e despois de que na noite da terza feira, último día de prazo, rexistrasen os seus respectivos equipos con avais da militancia. Finalmente, frustráronse os intentos de acordar unha lista de unidade para a nova dirección.
Sumar suspende a integración dos partidos tras atrasar IU a súa decisión ao respecto até maio
Izquierda Unida non entra na Dirección de Sumar
Suspende temporalmente a súa participación nos órganos de decisión da formación de Yolanda Díaz á espera a Asemblea Federal de maio
Garzón renuncia a fichar por Acento para "non danar" a esquerda, mais lamenta: "A política é unha trituradora de persoas"
Alberto Garzón ficha pola consultora de asuntos públicos Acento, que dirixe José Blanco
IU avoga por unha candidatura conxunta con Sumar e Podemos para as eleccións galegas
Eva Solla (EU): "A fórmula máis útil para as eleccións galegas é repetir o acordo a tres das estatais"
Eva Solla (Vigo, 1984) é a coordinadora de Esquerda Unida (EU) na Galiza. Deputada na Cámara galega nas dúas pasadas lexislaturas, analiza para Nós Diario o actual momento político e o proceso de conformación dunha candidatura entre a súa formación e Sumar e Podemos para os vindeiros comicios ao Parlamento galego.
Podemos supedita aliarse con Sumar na Galiza a que haxa primarias
Sumar aspira a concorrer con Podemos e EU nas galegas: "É o que queren os progresistas deste país"
O vigués Rubén Pérez, ex líder da Marea, novo secretario de Estado de Mocidade e Infancia
Sumar, coa vista posta xa nas eleccións galegas: esta semana rexistrarase como partido mentres atrae outras formacións
Alberto Garzón abandona o liderado de IU e a primeira liña: "Nestes anos vin o mellor e o peor da política"
Alberto Garzón abandona a primeira liña política e pide o voto para Yolanda Díaz
IU someterá o pacto con Podemos ao refrendo das súas bases
A dirección da coalición esquerdista, hexemonizada polo PCE, é partidaria de renovar a entente co partido morado, a pesar do mal resultado da confluencia nas recentes eleccións andaluzas.
IU e Podemos rachan en Nafarroa, Murcia e Asturias e están distantes en Castela-León, Aragón e Madrid
Malos tempos para a lírica, e para a épica, da unidade popular. Nun momento político sen precedentes na historia do réxime de 1978, con eleccións xerais e municipais/autonómicas/europeas separadas por apenas un mes, os dous componentes básicos da esquerda estatal non socialdemócrata flirtean coa ruptura. O cisma, no horizonte das autonómicas do 26M, xa se consumou en Nafarroa, Murcia e Asturias.
Garzón (IU) culpa dos resultados das xerais ás “campañas paralelas e desconectadas”
Alberto Garzón, que na mañá do sábado resultou elixido coordinador federal de IU co apoio do 81,2% da dirección, sinalou que os resultados de Unidos Podemos nas eleccións xerais se deberon ás “campañas paralelas e desconectadas unhas de outros”.