Día Internacional contra a LGTBfobia: 62 países aínda perseguen estas relacións, 11 con pena de morte
57.000 agresións en cinco anos no Estado español.
57.000 agresións en cinco anos no Estado español.
O Tribunal Constitucional do Estado español comunicou a cuarta feira que desestimou o recurso da ultraespañolista Vox contra a reforma do Código Penal que penaliza con até un ano de prisión o acoso ás mulleres que asisten a clínicas para interromper voluntariamente o seu embarazo, aprobada en 2022 no Congreso co voto en contra do Partido Popular (PP) e Vox, que insistiu en que vulnera a liberdade ideolóxica e relixiosa.
A terza feira comeza en todo o Estado español a segunda edición da iniciativa Cine Sénior, que permite ás persoas maiores de 65 anos asistir ao cinema pagando unha entrada de dous euros. O programa, que conta cun orzamento de 12 millóns de euros, está orientado a que un día a semana, de forma preferente as terzas feiras, este grupo poida adquirir unha entrada reducida en 420 cinemas. A diferenza da primeira edición, as entradas poderanse mercar por vía dixital, amais de nos propios estabelecementos.
Na primeira edición, na que tamén participaron 420 cinemas, só 28 locais gastaron de forma íntegra a axuda, polo que o titular español de Cultura, Ernest Urtasun, detallou que redistribuíron os recursos nesta ocasión para que as salas con máis afluencia incrementen a súa dotación, anunciando un fondo de reserva de case dous millóns de euros “para que non se esgote o crédito”.
O seu predecesor, Miquel Iceta, explicara que este grupo foi elixido posto que entre 2021 e 2022 só 6% das persoas maiores de 65 anos asistiu ao cinema, cando antes da pandemia de Covid-19 era “parte esencial” do público. En cambio, até 49% da poboación entre 20 e 24 anos fora como mínimo nunha ocasión ás salas de cinema.