Os traballos de roza en santa Cruz, Oleiros, comarca da Coruña, para a construción dun parque nunha urbanización provocan un impacto ambiental importante.
Así o denuncian Amigos da Terra, que confirmaron a Nós Diario de que presentaron a correspondente denuncia por estes feitos ante Augas da Galiza, Patrimonio e a Policía Policía adscrita á comunidade autónoma galega.
Afirman que estes labores teñen un impacto ambiental, pois afectan o río da Loba ou río santa Cruz, danado o bosque de ribeira; e tamén impactan no patrimonio da zona, pois, afirman, afectan muíños de río e outras construcións tradicionais como os ‘cubos’.
“Toda a roza que levan facendo varios días debe de afectar unha zona dunhas cinco hectáreas”, afirma un veciño da comarca que denunciou os feitos a Amigos da Terra e que tamén se puxo en contacto con Nós Diario.
Tanto a entidade ambientalista como o veciño salientan o impacto negativo destes labores sobre a biodiversidade que existe nesa área, perto dun río.