Eleccións europeas 2024

Estes son os nomes que formarán a listaxe do PP nas europeas: Millán Mon irá en postos de saída

A catalá Dolors Montserrat liderará a papeleta popular.
Millán Mon (Foto: Nós Diario).
photo_camera Millán Mon (Foto: Nós Diario).

O galego Francisco Millán Mon, deputado no Parlamento Europeo desde hai 20 anos, volverá ir en postos de saída da listaxe do PP para os comicios europeos do 9 de xuño, que encabezará a catalá Dolors Montserrat.

Mentres que o propio líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, anunciaba esta sexta feira que a deputada sería de novo cabeza de cartel do PP para a Eurocámara, fontes do partido consultadas confirmaron a presenza de Millán Mon en postos de saída da candidatura.

Recentemente, a secretaria xeral do PP na Galiza, Paula Prado, manifestara que a formación estaría "encantada" de que Millán Mon repetise  como eurodeputado na próxima lexislatura, ao tempo que eloxiaba o seu "magnífico" traballo.

A listaxe do Partido Popular

As primeiras 35 persoas integrantes da listaxe do PP son as seguintes:
1. Dolors Montserrat 2. Carmen Crespo 3. Alma Ezcurra 4. Esteban González Pons 5. Fernando Navarrete 6. Javier Zarzalejos 7. Rosa Estarás 8. Francisco Millán 9. Pilar del Castillo 10. Adrián Vázquez Lázara 11. Gabriel Mato 12. Raúl de la Hoz 13. Esther Herranz 14. Juan Ignacio Zoido 15. Susana Solís 16. Pablo Arias 17. Antonio López Isturiz 18. Isabel Benjumea 19. Borja Giménez Larraz 20. Elena Nevado del Campo 21. Nicolás Pascual de la Parte 22. Maravillas Abadía 23. Eva Potpcheva 24. Carlos Iturgaiz 25. María Jesús Molina Hurtado 26. Marián Cano 27. Santiago Sánchez 28. María Luisa Peón 29. Ramón Moreno 30. Beatriz Caro 31. Cleopatra R' Kaina Liesfi 32. Carmen Quintanilla 33. Lucía Peral 34. Fernando Sánchez Costa 35. Ignacio García Marina

O PP nútrese de Ciudadanos e UPyD

O filósofo Fernando Savater, que se presentou tanto ao Congreso como ao Senado español con UPyD, fechará a listaxe do PP para as eleccións ao Parlamento Europeo do próximo 9 de xuño, segundo anunciou o líder do partido, Alberto Núñez Feixoo, esta cuarta feira a través das redes sociais.

Na súa mensaxe, o líder popular congratúlase da fichaxe de Savater para este posto simbólico. "É unha voz autorizada e cunha biografía comprometida na defensa dos valores democráticos", escribiu Feixoo, quen tamén apela á unidade.

"É a hora de unirnos, fóra e dentro da política. Na rúa e nas urnas. Pola igualdade e as liberdades", salientou Feixoo. Neste sentido, esta cuarta feira tamén se coñeceu que o ex secretario xeral de Ciudadanos, o madrileño de orixe galega Adrián Vázquez formará parte da candidatura do PP.

Comentarios