Lugo acolle unha mostra táctil de escultura contemporánea

Iria Castro inaugurou a exposición, con pezas do Museo Tiflolóxico da ONCE, que poderá visitarse ata o 30 de setembro

Iria Castro e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, na mostra.
photo_camera Iria Castro e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, na mostra.

A deputada de Cultura Iria Castro inaugurou esta sexta feira, 3 de maio, no Museo de Lugo, a mostra Ver e tocar: escultoras no Museo Tiflolóxico, cunha selección de pezas de escultoras contemporáneas para descubrir a través do tacto. O tamaño, a textura ou a temperatura son as chaves para percibir estas obras, que ofrecen así unha experiencia dobre e nova para todas as persoas visitantes.

Ana Hernando, Mercedes Rodríguez Elvira,Sara Giménez, Alicia Rubio García, Gema Labayen, Francisca Llabrés, Pilar Vicente De Foronda , Fátima Cortés, Elena Laverón, Muche, Sonia Cardunets García, Kay Woo, Fátima Cortés, Francisca Llabrés -as dúas últimas presentes na inauguración do acto- son as autoras das pezas, que poderán visitarse no Museo de Lugo até o vindeiro 30 de setembro.

Facilitar o acceso á creación artística

Iria Castro lembrou que “se trata da segunda exposición táctil que acolle o Museo de Lugo este ano despois da mostra da artista catalá Ana María Marín, afondando nunha liña de traballo dirixida á configuración de museos accesibles e inclusivos que faciliten o acceso á creación artística e ao patrimonio a todas as persoas” e lembrou que “a Rede

No acto, que contou coa presenza das artistas Fatima Cortés e Francisca Llabés, participaron tamén a concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro; Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; Aurelia Balseiro García, directora do Museo de Lugo; Francisco Javier Farnés, director da ONCE en Lugo e Ricardo Badía Lázaro, xefe do Departamento de Servizos Sociais da ONCE na Galiza.

Comentarios