Ourense precisa de ti:18 N #sosourense

Máis de medio cento de colectivos ambientais, culturais e veciñais presentaron a plataforma SOS Ourense, que representa unha "chamada de auxilio contra o desastre" do Goberno local dirixido por Gonzalo Pérez Xácome en coalición co Partido Popular. Anunciaron unha mobilización para o próximo día 18 de novembro.