No centenario de Uanhenga Xitu, escritor e político angolano

Diversos círculos literarios e políticos angolanos celebran homenaxe de centenario a Uanhenga Xitu pseudónimo de Agostinho André Mendes de Carvalho (Icolo e Bengo 1924-Luanda, 1914), municipio onde naceu o presidente Agostinho Neto. Xitu é un dos maiores escritores angolanos e dirixente político do MPLA, do que foi membro fundador. Perseguido pola Pide salazarista, polo seu ideario nacionalista e intervencionista na guerrilla de liberación nacional. Co triunfo do MPLA foi gobernador de Luanda, ministro de Saúde e embaixador en Alemaña, participou na creación da União dos Escritores Angolanos e deputado na Assembleia Nacional Popular de Angola.

Neste espazo asembleario, onde se celebrou en 1997 o I Congreso Literário de Angola, fun presentado ao Xitu pela deputada, Ruth Neto (irmá do presidente Agostinho Neto). Nese intre observei que era unha persoa moi activa, elocuente e nada preguizosa en indagar asuntos moi precoces como era a situación nacionalista da Galiza e a situación da cultura e da lingua galega. Foi un encontro singular que nos serviu para manter unha longa relación epistolar. Nese encontro congresual, observei que era unha persoa moi respectada pola nova xeración de escritores angolanos, notándose o seu ímpeto de severidade e disciplina, ao tratado co don xerárquico de “oh mais velho”, unha peculiaridade de rigoroso respecto de cumprimento en uso en todo África. 

A grandeza literaria de Uanhenga Xitu, fica nesa expansiva residencia popular e nacionalista de varias obras que retratan o escenario colonialista e a resistencia polas liberdades angolanas. Estrea libro en 1974, após do 25 de abril, ano da “Revolução dos Cravos”, coa publicación: “O Meu Discurso”, “Mestre Tamoda”, “Bola con Feitiço” e seu enorme libro de contos: “Vozes da Sanzala”, libro de contos do núcleo da sanzala (aldea popular de Angola). Continuaron outros como “Maka na Sanzala”, “Sobreviventes da máquina colonial”, “O Ministro” e “Cultos Especiais”. Merece a pena recluírse na creación literaria do inmenso Uanhenga Xitu, e descubrir esa enorme parcela de África que é a literatura e o combate dos angolanos pola súa independencia. Un enorme intelectual para durar nas expresividades defensivas e polo seu valor combativo. Un centenario ben recoñecido e mobilizado polas entidades culturais, organismos sociais e políticos, con o respaldo popular.