13 anos e 17 razóns
Hai 13 anos, o 17 de maio de 2012, naceu en Compostela Sermos Galiza co número cero. Na capa, unha muller cun cartaz: "Eu + Galego". Nós Diario recolleu aquel testemuño e hoxe oferece 17 razóns para continuar a loita pola LINGUA.
1. Porque un medio en galego é VITAL para garantir a súa presenza social.
2. Porque "Eu + un corazón + Galego" é aínda un lema vixente que simboliza a loita pola identidade e a cultura.
3. Porque o 13 representa futuro, perseveranza e resistencia.
4. Porque manter vivo o idioma é unha tarefa diaria que require compromiso colectivo.
5. Porque a perda de falantes débese a decisións políticas, non da cabalística do 13.
6. Porque a Xunta ignora o problema.
7. Porque o sistema educativo debe garantir o galego como lingua vehicular.
8. Porque a inmigración non é a causa da perda de falantes.
9. Porque educar en galego tamén é integrar.
10. Porque non precisamos leis que recortan dereitos.
11. Porque cada día do ano debe ser 17 de maio.
12. Porque a nosa é unha lingua extensa e útil.
13. Porque o galego representa horizonte e ciencia.
14. Porque os medios públicos deben respectar a lingua propia.
15. Porque falar galego non debe requirir valentía.
16. Porque a infancia ten dereito a vivir en galego.
17. Porque sen lingua, non hai país.
O 13 é forza e rebeldía fértil. O 17, esperanza e renacemento. Nós Diario aporta as súas razóns. Poderían ser 13 veces 17. Dános as túas!