Vídeo: A queima do cartel de entrada á factoría inicia a folga en Alcoa

(Foto: CIG Alcoa)

O persoal de San Cibrao e auxiliares maniféstase hoxe en Compostela.

Principiou a folga en Alcoa, unha mobilización máis no calendario dos traballadores e traballadoras da factoría de San Cibrao contra a decisión da multinacional de despedir 534 operarios e operarias da planta.

Esta cuarta feira, e fronte á sede central da Xunta, en Compostela, o persoal da factoría situada na Mariña protagonizará unha protesta.