GALERÍA | As mobilizacións en solidariedade co pobo palestino sucédense na Galiza no marco do paro laboral convocado polos sindicatos

Manifestación en Vigo en solidariedade con Palestina. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
Mobilización en Compostela en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Arxina)

Mobilización en Vigo en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)

Paula Carril, segundo pola esquerda, durante o paro en solidariedade con Palestina do persoal do CHUS esta cuarta feira 15 de novembro. (Foto: Nós Diario)
Mobilización en Vigo en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
Mobilización en Vigo en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
Mobilización en Compostela en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Arxina)
Mobilización do persoal do aeroporto de Compostela en apoio do pobo palestino. (Foto: Nós Diario)
Mobilización en Vigo en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Nós Diario)
Mobilización na Rúa de Valdeorras en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Nós Diario)
Mobilización na Coruña en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Nós Diario)
Mobilización en Lugo en solidariedade co pobo palestino. (Foto: Nós Diario)
O chamamento céntrase na clase traballadora e na Galiza hai convocatorias e chamamentos á folga de todos os sindicatos e tamén da Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina.

Persoal de centros de traballo de toda Galiza secundou esta cuarta feira a xornada de paros laborais para exixir a fin do xenocidio en Palestina. A xornada de solidariedade foi convocada antes da sinatura do chamado plan de paz para Gaza –asinado polo Goberno gazatí e o de Israel na sexta feira e que se formalizou esta segunda feira en Exipto–. 

Con todo, este acordo de cesamento do fogo na Faixa de Gaza que foi incumprido esta terza feira polo Estado israelí, que matou varias persoas cando voltaban ás súas casas no territorio palestino tras rubricarse "a paz", unha situación que está sendo denunciada con forza polos sindicatos durante as mobizacións que se están a suceder por todo o país.

O chamamento céntrase na clase traballadora e na Galiza hai convocatorias e chamamentos á folga de todos os sindicatos e tamén da Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina. Os paros convocados pola CIG, de catro horas por quenda, comezaron ás 22 horas da terza feira e duraron até as 2 horas da cuarta feira, para as persoas con horario laboral nocturno.Proseguen de 10 a 14, nas quendas de mañá, e na de tarde serán de de 18 a 22 horas. 

Pola súa parte, UXT e CCOO convocaron paros de dúas horas, foron de 2 a 4 horas na madrugada, de 10 a 12 pola mañá, e que serán pola tarde de 17 a 19 horas. Aliás, a CUT, o sindicato de profesorado STEG e a CXT convocaron folga xeral de 24 horas. Tamén no ensino, organizacións como Erguer-Estudantes da Galiza e o Sindicato de Estudantes chamaron a parar e "baleirar as aulas".