Ferido grave un traballador de 61 anos ao caer desde un andamio en Boiro
Un home de 61 anos resultou ferido de gravidade esta sexta feira en Boiro despois de caer desde un andamio a un patio interior. O afectado tivo que ser evacuado en helicóptero ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Un traballador de 61 anos tivo que ser trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) tras resultar ferido de gravidade ao caer desde un andamio a un patio interior en Boiro (comarca do Brabanza).
Segundo informou o 112 Galiza, o suceso produciuse na rúa Estatuto de Galiza, onde un particular deu a voz de alarma.
Até o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado, unha ambulancia de soporte vital básico (SVB) e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Boiro.