A Xunta organiza unha solta de salmóns debaixo dunha “vertedura descontrolada” no río Anllóns

A deputada socialista Marisol Soneira cualificou de “esperpento” a solta de salmóns organizada no río Anllóns polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas “xusto debaixo de onde Cereo verte a caño libre as súas augas residuais”.

A Xunta organiza unha solta de salmóns no río Anllóns, mais nun tramo onde hai “verteduras descontroladas”, en palabras da deputada socialista Marisol Soneira, que cualificou de “esperpento” o acto, previsto para este cuarta feira.

A parlamentaria da Costa da Morte considera este acto “unha falla de respecto sen precedentes” por parte precisamente do conselleiro de Medio Ambiente responsable de conceder os informes de impacto ambientais. Pregúntalle á Xunta “se isto forma parte da nova filosofía de facer mais con menos ou si se pode considerar un caso de maltrato animal”.

Censurou este “acto de propaganda e auto-bombo” dun conselleiro que “en lugar de procurar solucións aos graves problemas de contaminación existentes en determinados tramos do Anllóns, retrátase utilizando crías de salmón como coartada para agochar a súa carencia total de medidas que impidan a contaminación no principal río de Bergantiños”.