O xulgado ratifica a prisión sen fianza para os tres mozos encarcerados pola malleira mortal a Samuel

Lugar no que foi asasinado Samuel, na rúa Buenos Aires. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #samuel #samuelluiz #buenosaires #rúa #homenaxe #asasinato #acoruña #lgtb+ #lgtbqi+
A xuíza titular ratificou as medidas establecidas a pasada sexta feira

xulgado número 8 da Coruña ratificou esta sexta feira a prisión provisional, comunicada e sen fianza, para os tres mozos encarcerados a pasada semana pola súa implicación no caso Samuel.

Segundo adiantou o letrado dun deles, Ramón Sierra, a xuíza titular do número 8, de garda o sábado 3 de xullo, o día que Samuel  Luiz morreu tras recibir unha malleira, ratificou as medidas establecidas a pasada sexta feira polo xulgado número 1, de garda o citado día en que os detidos pasaron a disposición xudicial.

Tal e como informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, os tres homes compareceron por separado e, á pregunta da maxistrada de se tiñan algo que declarar a maiores do xa recolleito, dous non quixeron comentar nada máis, mentres que uno si engadiu algo á súa declaración. Os comentarios realizados durante a vista están tamén baixo secreto de sumario.

Esta sexta tan só foron chamados ao xulgado os tres homes detidos maiores de idade. A cuarta detida, unha muller de entre 20 e 25 anos que tamén pasou a disposición xudicial a pasada sexta, foi posta en liberdade condicionada a comparecencias regulares no xulgado.

Os outros dous detidos, menores -un deles con antecedentes penais-, foron internados nun centro de menores.