Descólgase da Comisión Baleeira Internacional

Xapón reanuda a caza comercial de baleas

O rorcual común. Foto: cedida.

Había 31 anos que Xapón non cazaba baleas. En concreto, desde que en 1988 adheriu os acordos da Comisión Baleeira Internacional e retirouse da captura de cetáceos con fins comerciais. O 1 de xullo, o acordo converteuse en historia.

Un buque factoría e dous barcos de pesca partiron do porto de Shimonoseki e deron comezo á campaña anual de caza de balea. Fano despois de que en 2018, as autoridades xaponesas reclamasen á mencionada comisión autorización para a caza comercial. A negativa levou ao país ao retirarse dese organismo internacional.

O Estado xaponés anunciou que a tempada de caza para os seus barcos estenderase até decembro e autorizará 227 capturas: 52 baleas minke, 150 de rorcual de Bryde e 25 de rorcual común. Todas elas en augas territoriais do Xapón.