As vítimas de delitos de odio na Galiza triplicaron nun ano

Pintada racista nunha rúa da Galiza.

Os motivados por racismo, xenofobia ou a orientación sexual da vítima representan a maior parte desta tipoloxía de delitos.

En 2019 rexistráronse na Galiza 76 delitos de odio, un número superior en 80% ao rexistrado no exercicio anterior, 42. O ano pasado houbo no noso país 2,8 delitos de odio por cada 100.000 habitantes, un rexistro que se sitúa por baixo da media no Estado español (3,6) mais que é moi superior á ratio que Galiza tiña en 2018 e que era de 1,6 delitos de odio por cada 100.000 habitantes.

Deses 76 delitos de odio rexistrados na Galiza en 2019 a maior parte (34) son motivados por ‘ideoloxía’ da vítima, seguidos dos realizados por mor da orientación sexual /identidade de xérnero (12) e por xenofobia ou racismo (9), segundo dados do Ministerio do Interior.

En 2018 a cifra de vítimas rexistradas foi de 21 e un ano despois, 2019, ese número aumentou considerabelmente, até as 76. Triplicáronse.

En 2018 a cifra de vítimas rexistradas foi de 21 e un ano despois, 2019, ese número aumentou considerabelmente, até as 76. Triplicáronse

Máis de 400 delitos de odio foron rexistrados na Galiza entre 2013 e 2019 -último ano do que se publicaron rexistros- Nesta época houbo constancia oficial de 412 delitos deste tipo no noso país. Deles, 124 estaban motivados pola orientación ou identidade sexual da vítima.  

Nese mesmo período rexistráronse 80 delitos de odio por racismo e xenofobia, o que supón un de cada cinco do total.

En 2014 foron 66 as vítimas de delitos de odio, o ano despois 52 e en 2016 ese número era de 48. Destas 48 rexistradas en 2016, 11 por mor da súa orientación sexual e 18 por racismo e xenofobia. En 2017 foron 41 as vítimas, a maioría delas (23) por condición da súa ideoloxía, seguidas das que o foron por motivacións de racismo ou xenofobia (9) e as de orientación ou identidade sexual (6).

E tamén aumentou o número de persoas detidas ou investigadas por esta tipoloxía de delitos: das 6 de 2018 até as 21 de 2019.