Videoxogos, unha forma de cultura a coñecer

Red Dead Redemption 2 ten un dos guións máis profundos na historia dos videoxogos (Foto: Rockstar).

A Fundación Carlos Casares organiza entre os días 2 e 4 de setembro un encontro no Museo Marco de Vigo que ten o mundo do videoxogos e da literatura como protagonistas, recoñecemento de que unha industria non poucas veces feita de menos comeza a obter recoñecemento, en parte grazas ás narrativas destes catro xogos:

A Fundación Carlos Casares organiza entre os días 2 e 4 de setembro un encontro no Museo Marco de Vigo que ten o mundo do videoxogos e da literatura como protagonistas, recoñecemento de que unha industria non poucas veces feita de menos comeza a obter recoñecemento, en parte grazas ás narrativas destes catro xogos:

Red Read Redemption 2

Paradigma das novas narrativas nos videoxogos, o que aparentemente pode ser non máis que un videoxogo de cowboys conta unha historia sobre peces fóra da auga nun mundo que non existe, que se desfai ante os seus ollos, ao mesmo tempo que introduce un crisol de personaxes secundarios que non ten nada que envexar ás mellores novelas de Galdós.

Metal Gear Solid 3 

Para moita xente o cumio da carreira do mestre xaponés Hideo Kojima. Este adaptou as linguaxes cinematográficas ao videoxogo, narrando as aventuras nos tempos da Guerra Fría do super soldado Naked Snake ao mesmo tempo que introduce unhas implicacións éticas que levará ao xogador a preguntarse se está do lado correcto, e máis se coñece o pasado e o futuro dunha saga que alcanzou as cinco entregas. 

The Last of Us 

Aparentemente pode ser un xogo máis sobre “a fin do mundo” ou a apocalipse zombie, pero a evolución psicolóxica de todas as personaxes implicadas no xogo -especialmente as protagonistas Ellie e Joe- están reflectidas dun modo que opaca a mellor das novelas contemporáneas.

Alan Wake

Un dos videoxogos máis incomprendidos do seu tempo é este produto exclusivo de XBOX 360 que conta a historia de Alan Wake, un escritor, a través dun thriller psicolóxico que leva ao xogador á pequena vila de Bright Falls, onde trata de atopar a inspiración xunto coa súa esposa, que axiña desaparece nun pesadelo cada vez máis real.