[VÍDEOS] As lapas cercan Castro de Elviña, na Coruña

Imaxe do incendio na Coruña. (Foto: Nós Diario)
As columnas de fume son visíbeis desde varios puntos da cidade.

Un incendio forestal declararado á última hora da tarde nas inmediacións de Castro de Elviña, na Coruña, obrigou a despregar catro dotacións de bombeiros da cidade, axentes da Policía Local e integrantes das brigadas forestais.

A Xunta non incluíu este lume no reporte das 19.30 horas, polo que non ofreceu datos nin da hora de comezo nin da superficie calcinada polo de agora.

Porén, o servizo de Bomberios coruñés informou de que se declarara contra as 19.44 horas na contorna de Elviña.

O terreo afectado atópase entre o conxunto arqueolóxico e o campus universitario. O humo das lapas é visíbel desde varios puntos da cidade, o que permitiu a numerosos veciños e veciñas tomar imaxes do incendio.