Os viaxeiros que cheguen a Galiza de zonas con "alta" incidencia terán que notificar datos de contacto

Imaxe de arquivo (Arxina)
A próxima semana publicarase a listaxe de lugares de risco.

Os viaxeiros e viaxeiras que cheguen a Galiza procedentes de zonas de "alta" incidencia de coronavirus, xa sexa doutras partes do Estado ou do estranxeiro, deberán notificar "con carácter obrigatorio" os seus datos de contacto e tempo de estancia.

Diso informou esta quinta feira despois do Consello da Xunta o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feiixoo, quen destacou que esta medida ten como obxectivo o "diagnóstico precoz" e estar "preparados para detectar con carácter rápido" as persoas que estean infectadas.

Así, as e os viaxeiros deberán notificar áás autoridades a súa viaxe a través do teléfono de atención do coronavirus (881 00 20 21) ou a través da web (coronavirus.sergas.gal).

A próxima semana publicarase a listaxe de lugares de risco con datos "obxectivos". Os viaxeiros que estivesen polo menos 14 días nestes sitios deberán comunicalo, mentres que para o resto de visitantes será voluntario.