As vacinas reduciron 100% de ingresos en UCI e mortes nas persoas inmunizadas na Galiza

Imaxe de arquivo dunha UCI
Segundo un estudo do Sergas co Instituto de Desenvolvemento e Integración Sanitaria.

O estudo sobre a efectividade das vacinas realizado na Galiza permitiu unha redución do 100% de ingresos en UCI e de falecementos nas persoas inmunizadas.

O estudo, en colaboración co  IDIS -Instituto de Desenvolvemento e Integración Sanitaria ( IDIS), fíxose sobre 240.000 persoas ás que se administrou a vacina na primeira fase deste proceso.

A información foi achegada polo conselleiro de  Sanidade, Julio García  Comesaña, na súa comparecencia a petición propia no pleno do Parlamento, na que tamén indicou que as conclusións finais revelan unha redución das infeccións do 88,4% nas persoas que recibiron a vacina, un descenso do 94% nas hospitalizacións das persoas cunha dose e unha baixada do 95,7% naquelas coa pauta completa.

O estudo fíxose sobre 240.000 persoas ás que se administrou a vacina na primeira fase deste proceso.

Ademais, en días pasados, o propio  Comesaña informou de que lste mesmo estudo demostraba unha diminución da positividade de coronavirus do 47% cunha soa dose, mentres que ascende ao 88% cando foron administradas as dúas.

O estudo é froito da sinatura dun acordo da Consellería de  Sanidade co  IDIS para elaborar un estudo da efectividade da vacina. Esta institución vincula a  Universidade de Santiago de Compostela (USC) coas área sanitarias compostelá e de Lugo, que dependen da propia Xunta.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comeza hoxe, día 11, coas vacinacións masivas do grupo de idade comprendido entre os 50 e os 59 anos, con 35.000 citacións en todas as áreas sanitarias. Esta campaña decorrerá ao carón da inoculación da segunda dose ás persoas maiores de 60 que aínda non tivesen recibido a pauta completa.

Galiza alcanzou este 10 de maio as 456.008 persoas vacinadas coa pauta completa contra a Covid-19

Así as cousas, Galiza alcanzou este 10 de maio as 456.008 persoas vacinadas coa pauta completa contra a Covid-19, o que supón 19,3% da poboación total. No país tense administrado un total de 1.429.586 doses, o que supón que perto dun millón de persoas recibise xa, cando menos, a primeira (máis de 41%). Aliás, 93,3% da "poboación de risco" (maiores de 60 anos) foi xa inoculado, e 44,7% ten as dúas doses da vacina