Unha trintena de trens afectados na Galiza pola folga de Renfe

Estación de tren de Santiago [Imaxe: Alberte Mera]

Unha vintena deles son de media distancia, sobre todo na liña do eixo atlántico.

Renfe suprimirá a circulación na Galiza de 31 trens, 21 deles de media distancia, fundamentalmente no eixo atlántico, e unha decena de longo percorrido. Unha decisión derivada da folga convocada pola CXT: tres paros de catro horas cada un para esta quinta feira, entre as 24,00 e as 4,00 horas, entre as 11,00 e as 15,00 horas, e entre as 20,00 e as 24,00 horas.

O sindicato, que ademais ten prevista unha folga de 23 horas en véspera de Nadal, para o día 20, busca denunciar a política de "privatizacións e externalizacións" que considera realízase no ferrocarril e a "falta de persoal" de Renfe e Adif ante o acceso á xubilación dos seus "envellecidos cadros".