Todo o litoral galego en alerta laranxa esta quinta feira por temporal

Fortes ondas polo temporal na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través da central do 112 Galiza, informou da situación aos concellos afectados, ás Deputacións, aos servizos e agrupacións de Protección Civil, e aos clubs náuticos, entre outros.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta da Galiza activou a alerta laranxa por temporal costeiro para todo o litoral galego. Este fenómeno meteorolóxico iniciarase de madrugada no noroeste do país e na Mariña, para posteriormente estenderse ao resto da costa galega.

En concreto, segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o temporal deixará mar combinado con ondas de até 8 metros e ventos de forza 8 e até 74 quilómetros por hora.

O fenómeno empezará de madrugada na Mariña e o litoral noroeste. A medida que avance o día, o nivel de alerta laranxa afectará tamén as Rías Baixas tanto como as altas como na zona do Miño.

Concellos afectados

Neste contexto, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través da central do 112 Galiza, informou da situación aos concellos afectados, ás Deputacións, aos servizos e agrupacións de Protección Civil, e aos clubs náuticos, entre outros.

Do mesmo modo, a Xunta recomenda manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompentes e paseos marítimos, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar actividades no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.