A terceira vaga peta na porta: as PCR realizadas na última xornada rexistran máis de 600 contaxiados

Xente paseando por unha rúa de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

Os casos activos xa son 6.700 e aumenta o número de persoas ingresadas no hospital.

(En ampliación)

639 persoas contaxiadas rexistradas polas PCR nas últimas 24 horas e perto de 300 casos activos máis. Os dados da evolución da pandemia na Galiza non convidan precisamente ao optimismo e apuntan a unha terceira vaga ou onda da Covid como unha realidade. As PCR  certifican agora os contaxios das xuntanzas natalicias

Ademais, e segundo os datos de Sanidade, nesta xornada o número de persoas ingresadas nos hospitais aumentou en 20, situándose en 362, se ben os ingresos en coidados internsivos (UCI) mantéñense en 57.

A positividade é superior ao 8%, tres puntos por riba dese 5% que a OMS fixa para poder controlar a pandemia.

Nos últimos 7 días faleceron na Galiza como consecuencia da Covid 38 persoas.