Após 14 días sen casos

Surto unha residencia de Chantada con seis usuarios asintomáticos

Residencia de DomusVi en Chantada [Imaxe: DomusVi]
A situación que se deu no xeriátrico de DomusVi en Chantada rompe a vaga de 14 días sen casos de Covid-19 nas residencias.

A residencia Domus VIN de Chantada rexistrou un brote con seis usuarios contaxiados, todos eles asintomáticos, e dous traballadores -tamén sen síntomas-, o que eleva o número de infectados a oito persoas. Esta situación rompe a serie de 14 días con cero casos en centros deste tipo, xa que desde o 16 de abril non se contabilizaban contagios.

Fontes da Consellería de Política Social confirmaron que todos os maiores estaban vacinados xa coa pauta completa contra a Covid-19, pero una das persoas que traballan na residencia aínda non recibira a súa segunda dose ao non completar o período protocolario entre a primeira e a última.

Os últimos contaxios rexistrados entre as persoas usuarias das residencias de maiores galegas producíronse entre o 17 e o 21 de marzo, cando se detectou un surto nun centro de Silleda, que chegou a ter 46 casos activos. Posteriormente, deron positivo algúns traballadores, aínda que desde o 16 de abril non había ningún usuario ou empregado con PCR positiva.

Terceira vaga

Durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistraron un pico de 466 usuarios infectados. Isto ocorreu o 24 de xaneiro, un día antes de cumprirse os sete días necesarios desde a administración da segunda dose da vacina para xerar inmunidade, dado que este proceso arrincou de forma xeneralizada nestes centros o 18 de xaneiro.

Desde o día 25, e aínda a pesar dalgúns brotes, as residencias de maiores galegas foron experimentando un progresivo descenso na cifra de usuarios afectados.

Así, o 27 de xaneiro, un mes despois do inicio da vacinación na Galiza, eran 445 os usuarios positivos, mentres que o 27 de febreiro a cifra situábase nos 50. O 21 de marzo notificáronse os últimos contaxios en usuarios até os de Chantada e desde o 16 de abril os centros permanecían sen ningún caso activo.