O Supremo español contradí a Xustiza galega en favor da concesionaria do Cunqueiro

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo responde a un modelo de xestión público-privada. (Foto: TopMicrobialStock)
O Supremo acusa o maxistrado Luis Villares de non ser “imparcial” nos recursos da concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, após a Xunta e o Sergas recorrer os fallos xudiciais.  

O Tribunal Supremo (TS) anulou tres sentenzas por mor doutros tantos recursos de casación da concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ao considerar que hai dúbidas sobre a "imparcialidade" de Luis Villares, ex líder de En Marea e un dos xuíces que se pronunciou como membro da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). 

 Os tres casos sobre os que se pronuncia o Supremo en casación (en tres fallos, dous de decembro de 2025 e o máis recente de leste mesmo mes de xaneiro) teñen como orixe tres sentenzas diferentes emitidas o 29 de outubro de 2021 nas que se estimaban recursos da concesionaria do Hospital de Vigo por outras tantas cuestións. 

 Unha delas estimaba o seu recurso contra a resolución pola que se desestimaba a reclamación sobre o pago do importe da liquidación do Imposto sobre Bens Inmóbeis (IBI) correspondente ao exercicio de 2019, ao amparo da ordenanza fiscal do Concello de Vigo. 

 Este mesmo xulgado compostelán estimaba outro recurso da concesionaria relativo a unha petición de compensación económica pola baixada de tarifas aplicadas aos usuarios do aparcamento do hospital vigués no marco da execución do contrato de concesión da obra pública do devandito centro. 

 E, en terceiro lugar, estimaba parcialmente outro recurso da concesionaria sobre o dereito á cobranza dos servizos prestados correspondentes ao período entre o 1 de xullo e o 25 de setembro de 2015 (anterior á acta de posta en marcha); o dereito de cobranza polo uso exclusivo dunha planta do aparcamento; e o dereito á cobranza por execución de obras adicionais en relación ao equipamento de alta tecnoloxías. 

 Nos tres casos, a Xunta e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) recorreu os fallos xudiciais ante o TSXG, que noutras tantas sentenzas -nas que participou Villares - estimou os recursos e cambiou o sentido do decidido polo xulgado compostelán. A concesionaria optou por acudir ao Supremo co foco na suposta falta de imparcialidade de Villares.  

O Supremos admite dúbidas 

A resposta do Supremo é admitir as dúbidas nos tres casos e opta por anular os fallos e retrotraer as actuacións ao momento inmediatamente anterior á sinalización para votación e fallo, e devolvelas á Sección Terceira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG. 

 O obxectivo é que, previa constitución dunha sala que "garanta o dereito a un xuíz imparcial", dítese sentenza que resolva o fondo dos asuntos expostos.