Estas son as localidades galegas máis “afortunadas” de cara ao “Gordo” de Nadal

Os bombos da Lotaría de Nadal (Foto: SELAE)

'O Gordo' do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal caeu un total de oito veces na Coruña, cidade galega máis agraciada con este primeiropPremio que tivo nos anos 1903, 1958, 1974, 2003, 2012, 2014, 2018 e 2022.

Ségunlle Lugo, con cinco veces, e Vigo, con outras catro. O ranking dos cinco afortunados complétase co concello de Carballo e co do Porriño, nas comarcas de Bergantiños e Vigo, respectivamente; onde 'El Gordo' caeu tres veces en cada un.

A principal curiosidade dáse en Vilalba (Lugo), que recibiu a visita do Primeiro Premio en dous anos que, ademais, foron consecutivos: 2017 e 2018.

De toda o Estado, Madrid é a rexión que maior número de veces recibiu a visita do 'Gordo' do sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal, con 83 ocasións, fronte á cidade autónoma de Melilla, que segue sendo a única onde nunca caeu este desexado primeiro premio, dotado con 400.000 euros ao décimo.

Un ano máis, a clasificación dos lugares máis afortunados ségueo liderando a cidade de Madrid, onde o 'Gordo' recaeu un total de 83 ocasións nos máis de 200 anos de historia do tradicional sorteo, a última delas o pasado ano 2022.

Segundo datos da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE), recollidos por Europa Press, a segunda cidade con maior fortuna volve ser Barcelona, xa que na cidade condal tocaron un total de 43 'Gordos' desde o ano 1817.

A estas dúas grandes cidades séguenlles en materia de fortuna Sevilla, con 18, Bilbao (15), Valencia (13), Zaragoza (13) e Cádiz (12). Así mesmo, outras cidades que  foron agraciadas co 'Gordo' en repetidas ocasións ao longo da historia do sorteo. É o caso de Málaga, onde recaeu o primeiro premio en once ocasiones; Granada, en dez; Santander e Alacante, en nove ocasiones; e A Coruña, en oito, a última delas en 2022.