Só o 10% dos animais varados nas costas galegas chegan con vida

Balea varada en Muxía, arquivo. (Foto: Europa Press)
Nas costas da Galiza por volta duns 280 mamíferos mariños varan cada ano.

Nas costas da Galiza uns 280 réptiles e mamíferos mariños varan cada ano, moitos deles son especies ameazadas. O 10% dos animais chegan con vida e son trasladados para a súa recuperación grazas ao convenio subscrito entre a Xunta e a Coordinador para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). Este acordo ven de ser renovado e permitirá continuar desenvolvendo estas accións.

No litoral galego destacan dúas especies de cetáceos. Trátase da  marsopa ou ' toniña' (Phocoena  phocoena) e do  arroaz (Tursiops  truncatus). Ademais, tamén está presente a tartaruga mariña común (caretta  caretta).

Todas elas contan co status de 'vulnerábeis' dentro do Catálogo galego de especies ameazadas e son algúns dos 280 exemplares que quedan varados nas costas galegas anualmente.

Ademais de tratar de recuperar a aqueles que chegan con vida, a  CEMMA tamén encárgase da retirada e estudo dos cadáveres. Deles extraen información " imprescindíbel" para adoptar medidas para reducir os elementos que causan ameazas sobre estas especies.

En virtude do convenio subscrito coa Consellaría de Medio Ambiente,  CEMMA comprométese a comunicar á Xunta a detección de episodios de tartarugas e mamíferos mariños varados na costa galega, así como a prestar os primeiros auxilios aos exemplares vivos, que posteriormente son hospitalizados e tratados.

CEMMA colabora coa Administración autonómica desde o ano 2003 desempeñando estes traballos. De feito, é a única entidade autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural para xestionar e coordinar a 'Rede de Varamentos de Galicia'.

A coordinadora dispón de dúas unidades móbiles e un centro veterinario en Nigrán, dedicado exclusivamente ao tratamento destes animais e onde contan cunha unidade de coidados intensivos.

Unha vez lógrase a estabilización do exemplar tras prestarlle os coidados idóneos, a segunda fase da rehabilitación céntrase en preparalo para retornar ao medio mariño.

Para este proceso,  CEMMA colabora co Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellaría do Mar, xa que dispón dunha piscina exterior nas súas instalacións na Illa de Arousa.