Sermos inicia a distribución de "Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María"

Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María é o titulo do libro-DVD que acompaña o número 197 de Sermos Galiza e que poderá adquirirse a partir de mañá nos puntos de venda de Sermos e tamén na tenda de Sermos

O exemplar, con texto de Lois Diéguez e deseño de Diego Núñez, é o primeiro dos libros que Sermos Galiza pon á venda este ano. Os asinantes recibirán de balde un exemplar.

Peregrinaxes recolle viaxes de Manuel María desde o máis próximo ao máis afastado, de Mondoñedo a Venecia; de Bande a Grecia, onde agardaba Lord Byron; da Frouxeira a Roma; de Monforte a Portugal.

O DVD

O DVD que acompaña o libro é unha versión, actualizada e reducida a menos de trinta minutos, de outro de 2005 e foi montado por Xoán Carlos Garrido e guión de Lois Diéguez. Os poemas, na voz de Isidro Novo.

De balde para asinantes de Sermos Galiza

O libro será vendido ao público a 9.90 euros mais será de balde para os asinantes do semanario. Tal como anunciou hai tempo Sermos Galiza, ao longo de 2016 os asinantes recibirán catro libros, ou libros-DVD, editados por Sermos e de recepción por correo nos domicilios de cada asinante. No mes de xullo estará para entregar o segundo, xa rematado e que ofrecerá información inédita ou pouco coñecida sobre a represión a que foron sometidos moitos adherentes ao Partido Galeguista.