Sergas volve ter problemas coas máscaras: subministra 1.600 en Pontevedra e O Salnés que protexen menos do indicado

(Prosagap)

É a denuncia de Prosagap, que afirma que vai levar esta cuestión á Fiscalía.

O Sergas volve ter problemas coas máscaras. A finais de abril afirmaba que inmobilizara na súa plataforma de distribución 12.000 máscaras defectuosas, mais parte deste material repartiuse en ambulancias, como denunciaron traballadoras do sector. Incluso se apontaba a sospeita de que algunha desas máscaras puidera chegar a repartirse en centros de saúde do Salnés.

Agora, desde Prosagap, Sindicato de profesionais da sanidade pública, informaron á Area Sanitaria de Pontevedra e O Salnés"dunha alerta sanitaria referente á máscara PRESURGY: KN95/FFP2 SHUYIAN, que cumpre só como FFP1”.

Nesta área sanitaria, indican, foron subministradas 1.640 unidades desta máscara entre as distintas Unidades dos tres hospitais ? (Montecelo, Provincial e Salnés). “Deste total, inmobilizáronse 1.065 unidades, sendo utilizadas 575 unidades”.

As máscaras FFP2 garanten unha maior eficiencia de filtración mínima e un menor nivel de fugas cara ao exterior que o FFP1.

Prodsagap avanzou que porá en coñecemento da Fiscalía estes feitos.

O Sergas aponta que a situación subsanouse “de inmediato” e que se enviou unha “comunicación masiva” a todos os centros da área sanitaria.