Segue o descenso de casos activos e hospitalizados por Covid na Galiza

Unha muller participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar casos positivos de coronavirus (Rosa Veiga - Europa Press).

Repunta de novos contaxios rexistrasdos, 130.

Galiza chega ao ecuador da semana cunha repunta dos novos contaxios de Covid-19 a 130 após caer por baixo do cento a xornada anterior, mentres que os casos activos deste coronavirus redúcense a 2.498 e os pacientes ingresados caen a 138.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañádesta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, recollidos por Europa Press, nos que se sinala que seguen 31 pacientes Covid ingresados en UCI e descenden a 107 os hospitalizados noutras unidades -dous menos-.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese nas da Coruña e Cee e Vigo; mantense nas de Ourense, Pontevedra e O Salnés e Santiago e Barbanza, mentres que aumenta lixeiramente nas de Lugo e Ferrol.

Os casos activos de Covid-19 seguen coa tendencia descendente por cuarta xornada consecutiva e baixan a 2.498, que implican 55 menos que o día pasado, ao haber máis altas (184) que contaxios (130), ao que se suma unha persona falecida.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Santiago e Barbanza (-20), Vigo (-16), Lugo (-9), Pontevedra e O Salnés (-7) e A Coruña e Cee (-4); aumentan lixeiramente na de Ferrol (+1) e mantéñense sen cambios na de Ourense.

En canto aos novos contaxios detectados por calquera tipo de proba repuntan a 130  após descender aos 89 a xornada anterior e situarse por baixo do cento, despois de iniciar esta semana con 123.

Do conxunto dos positivos 111 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas, 36 máis que a xornada anterior, dos cales 37 corresponden á área de Vigo; 22, á de Santiago e Barbanza; 15, á de Pontevedra e O Salnés; 14, á da Coruña e Cee; nove, á de Lugo; oito, á de Ourense; e seis, á de Ferrol.

En canto á taxa de positividade, mantense por baixo do 2% desde o inicio desta semana. Por tanto, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. 

As persoas falecidas diagnosticadas de Covid-19 na Galiza desde o inicio da pandemia ascenden a 2.413, tras notificaresta terza feira a Consellaría de Sanidade a morte dunha muller de 71 anos.