Sanidade confirma dous casos de sarna nunha residencia de maiores de Oleiros

Imaxe de arquivo de limpeza nunha residencia. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
O  primeiro caso notificouse o 25 de agosto

A Consellaría de Sanidade confirmou un novo gromode sarna, esta vez con dous casos nunha residencia de maiores de Oleiros (comarca da Coruña) Segundo sinalaron, o primeiro caso notificouse o 25 de agosto e, nestes momentos, hai dous casos notificados.

Destacan que o centro recibe apoio de saúde pública desde o departamento territorial da Consellaría de Sanidade e apoio asistencial desde a Unidade do Servizo de Hospitalización a Domicilio do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Apuntan tamén que o protocolo de actuación iníciase cando se recibe a notificación do centro e desde o Servizo de Alertas Epidemiolóxicas do departamento territorial da Consellería, onde se estudan os casos e síntomas.

Dánselles recomendacións para acurtar a transmisión e tamén se lles dan indicacións de tratamento. Ademais, desde a unidade asistencial de apoio do Servizo de Hospitalización a Domicilio proporciónaselles medicación.

Após esta primeira intervención, faise seguimento desde o Servizo de Alertas Epidemiolóxicas do departamento territorial da Consellería.