Sancionadas 200 persoas nun día na Galiza por incumprimeto das medidas contra a Covid

Control de mobilidade na contorna de Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)

As forzas de seguridade realizaron  700 controis esta cuarta feira.

 

Axentes da Policía española e a Garda Civil elevaron 200 propostas de sanción tras realizar máis de 700 controis durante o último día na Galiza.

Segundo detallou a Delegación del Goberno na Galiza, un total de 1.137 axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado levaron a onte715 dispositivos de seguridade que alcanzaron 12.227 persoas e 9.282 vehículos e elevaron 200 propostas de sanción, o que representa 1,6% dos identificados.

En concreto, un total de 868 efectivos da Garda Civil realizaron 613 controis no marco dos que identificaron a 9.521 persoas, inspeccionaron 7.313 vehículos e interpuxeron 138 propostas de sanción.

Así mesmo, a Policía española puxo en marcha 102 dispositivos de vixilancia nos que participaron 269 axentes que identificaron a 2.706 persoas e controlaron 1.969 vehículos. Así, os policías formularon 62 propostas de sanción.

Deste modo, subila Delegación,, buscouse garantir o cumprimento das restricións establecidas á mobilidade e o contacto social, así como da limitación de horarios e aforamentos establecida nos establecementos e a obrigatoriedade da utilización de máscara.