Rosa Crujeiras prescinde de Luís Míguez na súa candidatura á Reitoría da USC
O sindicato estudantil Fervenza denunciou que Míguez tería publicado nun blog "discursos de odio" e declaración homófobas en 2006.
A candidata a reitora da USC Rosa Crujeiras anunciou esta terza feira que o catedrático Luís Míguez xa non formará parte da súa candidatura.
Fíxoo a través da súa conta na rede social Instagram, onde subliñou que é ela "quen lidera e quen dirixe este proxecto".
Crujeiras lembrou que o seu proxecto aposta por “unha USC feminista, inclusiva e comprometida”.
Unha decisión que vén após de que o sindicato estudantil Fervenza denunciase os "discursos de odio" e declaración homófobas publicadas en 2006 por Míguez nun blog.
Segundo detallou o sindicato, o antigo decano da facultade de Dereito referíase no ano 2006 ao matrimonio homosexual como "un plan" do presidente Zapatero para "afundir o Estado español no ridículo e no descrédito mundial".
Con todo, Crujeiras insistiu en que "non o comparte" e asegurou que Míguez xa non formaría parte do seu equipo.