Rodil denuncia que a temporalidade do persoal médico na atención primaria está en 28%

Mobilización contra os recortes
De acordo cos dados oferecidos polo Consello de Contas, a temporalidade aumentou en dous puntos a respeito do último ano pesquisado. Perante o colapso do sistema sanitario público, a viceportavoz parlamentar do BNG receita "menos propaganda e máis recursos".

A deputada do BNG baixou ao terreo do concreto e puxo o exemplo dos concellos de Abegondo, Oza-Cesuras, Barreiros, Mondoñedo ou Lourenzá, onde o SERGAS non estaría a cubrir as vacacións do cadro de persoal, o que resultaría, entre outras cousas, na desatención dos servizos de pediatría.

Parecidas circunstancias atravesan centros de saúde da Coruña, Salnés ou Moaña, con doentes a agardaren até 15 días por unha consulta coa súa médica de cabeceira.

"A Xunta responde á deterioración da sanidade pública con tiritas e con parches", censura a parlamentar nacionalista, quen pon en destaque que un ano após o falecimento dun paciente no PAC (Punto Acción Continuada) da Estrada "o goberno de Feixoo segue na senda de desmantelar a sanidade pública".