Rescatan o corpo sen vida dunha persoa nun río en Rois

Central de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: 112)

Axentes da Garda Civil e os profesionais sanitarios rescataron o corpo sen vida dunha persoa no río, no lugar de Meana, en Rois (O Sar).

O cadáver foi localizado, segundo informou o 112 Galiza, pasadas as 22.00 horas e foron os profesionais sanitarios os que alertaron a central de emerxencia e pediron colaboración das forzas da orde.

Desta forma, mobilizaron á Garda Civil e aos membros do GES de Padrón, porque necesitaban medios para o rescate.

Con todo, unha vez que os membros do GES chegaron ao momento comprobaron que o cadáver da persoa xa estaba fóra da auga.