Renfe modifica a oferta de trens na Galiza a partir do 9 de xuño: consulta os novos horarios de saída

Pasaxeiros na estación de tren de Santiago. (Foto: Manel Méndez)
Os axustes de horario afectan ás saídas de convois que unen A Coruña e Vigo, A Coruña e Ferrol, A Coruña e Ourense e Ourense con Lugo.

Renfe modificará a partir do 9 de xuño a oferta de trens de servizo público na Galiza. Segundo informa nun comunicado a Delegación do Goberno español na Galiza, desde ese día producirase "un leve axuste" nos horarios dalgúns servizos que conectan A Coruña con Vigo, Ferrol e Ourense e os que unen Ourense con Lugo.

Coa reorganización dalgúns horarios destes trens Rexionais, Avant e Media Distancia, a compañía busca "facilitar a mobilidade no territorio galego" así como a conexión con trens de AVE e Avlo Galiza-Madrid.

Os novos horarios están dispoñíbeis para a súa consulta nas canles oficiais de información de Renfe e xa á venda. Ademais, a compañía recomenda aos viaxeiros consultar os horarios actualizados antes de viaxar.

Cambios en máis dunha ducia de traxectos

Segundo a información facilitada por Renfe, estes son os servizos que modifican o seu horario de saída:

—MD 9112 Vigo Urzáiz–A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 10.35 horas (actual 10.45).
—MD 9172 Vigo Urzáiz–A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 17.35 horas (actual 17.30).
—MD 9192 Vigo Urzáiz–A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 19.26 horas (actual 19.25).
—REX 12421 A Coruña–Vigo Guixar, modifica o seu horario de saída ás 9.39 horas (actual 9.32).
—REX 12431 A Coruña-Vigo Guixar, modifica o seu horario de saída ás 15.39 horas (actual 15.50).
—REX 12526 Vigo Guixar–A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 9.15 horas (actual 9.06).
—Avant 9120 Ourense-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 12.40 horas (actual 12.30).
—Avant 9131 A Coruña-Ourense, modifica o seu horario de saída ás 13.35 horas (actual 13.25).
—MD 12646 Ourense-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 19.50 horas (actual 19.40).
—Avant 9051 A Coruña-Ourense, modifica o seu horario de saída ás 5.14 horas (actual 5.08).
—Avant 9230 Ourense-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 22.45 horas (actual 23.00).
—MD 12680 A Coruña-Ferrol, modifica o seu horario de saída ás 7.30 horas (actual 6.35).
—MD 12682 A Coruña-Ferrol, modifica o seu horario de saída ás 12.40 horas (actual 12.05).
—MD 12681 Ferrol-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 9.10 horas (actual 8.40).
—MD 12683 Ferrol-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 15.15 horas (actual 14.40).
—MD 12694 Ourense-Lugo, modifica o seu horario de saída ás 12.32 horas (actual 12.35).