Renfe anuncia cambios nos horarios do tren 'Celta' e mais na Media Distancia entre A Coruña e Vigo
Renfe modifica a partir deste domingo, 14 de decembro, os horarios dos trens que comunican A Coruña e Vigo. Faino, segundo explica nun comunicado, "por motivos operativos". Será un axuste "leve" en tres trens de Media Distancia. Así, os cambios afectan aos seguintes servizos:
- MD 9172 Vigo Urzáiz–A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 17.40 horas (actual 17.35).
- MD 9192 Vigo Urzáiz–A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 19.35 horas (actual 19.26).
- MD 9213 A Coruña-Vigo Urzáiz, modifica o seu horario de saída ás 21.40 horas (actual 21.25).
Tren Celta
Tamén a partir deste domingo anuncia axustes no horario de partida de dous dos servizos 'Celta' que conectan Vigo Guixar e Porto Campanha:
- Intercity 422 Vigo Guixar-Porto Campanha: adianta o seu horario de saída ás 18.05 horas.
- Intercity 421 Porto Campanha-Vigo Guixar: adianta o seu horario de saída ás 8.10 horas.
Ademias, desde este domingo, o Tren Celta engadirá ao seu itinerario unha nova parada na localidade portuguesa de Barcelos, que vén unirse ás que o convoi realiza xa nas estacións de Valença, Viana do Castelo e Nine.
Renfe lembra a clientes e persoas usuarias que consulten os horarios antes de viaxar para coñecer os horarios das paradas intermedias e de chegada a destino. Ademais, chama a comprobar os billetes xa comprados para as próximas datas nos servizos afectados.