Reclaman a ampliación na Galiza das zonas de conservación de aves

Unha persoa observa aves na Lagoa de Vixán (Foto: Xunta da Galiza),
A organización ecoloxista Arco Iris reclama ampliar as zonas IBA, áreas importantes para a conservación das aves, que cifra en 15 das 469 rexistradas en todo o Estado.

A organización ecoloxista Arco Iris reclama ampliar as zonas IBA, áreas importantes para a conservación das aves, que cifra en 15 das 469 censadas en todo o Estado.

Nun comunicado, explica que esta figura consiste nun catálogo suxerido por entidades e persoas físicas e xurídicas para velar pola conservación de hábitats ocupados por aves en perigo.

Aguia real

En concreto, indica que expuxo á entidade Birdlife que sexa incluída, o máis cedo posíbel como zona IBA, "toda a área ocupada na Galiza por exemplares de aguia real, cuxa poboación se atopa xa gravemente ameazada por parques eólicos".

"Nos límites orientais do país habería nestes momentos, segundo os censos máis optimistas, entre seis e oito parellas desta especie ameazada", apunta.

Ademais, sostén que "Galiza non aprobou ningún plan de recuperación nin de conservación, polo que ten que facer un esforzo por aprobalos canto antes para 28 especies de aves catalogadas como 'en perigo' e 'vulnerábeis'".