“Por que razón emite TVE touradas en horario de protección especial para o público infantil?”

Organizacións políticas e sociais denuncian o que consideran que é unha decisión ideolóxica do goberno e que supón mesmo unha vulneración da lei de comunicación audiovisual

A televisión pública española, TVE, emitirá as touradas da Feria de Mérida en horario infantil. Unha decisión que se enmarcan no retorno desde hai un ano deste tipo de espectáculos na canle público e tras seis anos de ausencia.

Desde Galiza mellor sen touradas (GMST) lembran a Lei Xeral do Audiovisual, que no seu artigo 7 prohibe a emisión de contidos audiovisuais “que inclúan esceas de violencia gratuita”, ademáis de que o Código de Autorregulación asinado pola corporación pública de radiotelevisión tamén refuta o impedimento de emisións de carácter violento, sexa coas persoas, sexa cos animais.

E formacións como BNG ou AGE teñen denunicadoe sta emisión. Desde a Alternativa Galega de Esquerdas apoiouse a desconexión do sinal da canle pública durante a emisión da tourada. O BNG demanda que se dea marcha atrás neste tipo de emisións que estaban fóra da televisión pública desde había seis anos.

Efectos

GMST sinala que estudos realizados por expertos e tamén por investigadores da Universidade da Coruña e da UCM refutan o impacto psicosocial negativo do visionado de festexos taurinos por parte de persoas menores de idade. As investigacións realizadas nestes últimos anos constataron maiores niveis de agresividade en menores de 14 anos, así como dificultades no desenrolo moral dos máis pequenos, que non son capaces de comprender un espectáculo sanguinolento.