Quen sucederá o papa Francisco? Unha ducia de candidatos aspiran a liderar a Igrexa católica
O falecemento de Jorge Mario Bergoglio, o papa Francisco, pon fin a 12 anos de pontificado e pon en marcha o proceso para a escolla do seu sucesor. Após dúas semanas reservadas a distintas cerimonias fúnebres, e tras o enterro do Papa, porase en marcha un minucioso protocolo para a elección dun novo Pontífice.
O Papa arxentino ascendeu ao cargo de bispo de Roma tras a dimisión de Bieito XVI no ano 2013, converténdose no primeiro chegado do "cabo do mundo" e polo tanto, de orixe latinoamericana. Todos os actos para a escolla do novo Papa levaranse a cabo dentro do territorio da Cidade do Vaticano, a porta fechada, en espazos clausurados a estraños.
Conclave a porta fechada
Mentres dure o conclave, os participantes teñen prohibido o contacto co exterior e ninguén non autorizado pode achegarse ou falar con eles. A votación ten lugar na Capela Sixtina e está rodeada do máximo segredo. Ademais, os cardeais teñen estritamente prohibido presentar a súa candidatura ou facer campaña ao seu facer, mais si poden votar por si mesmos.
A elección realízase mediante escrutinio e debe decidirse por unha maioría de dous terzos do colexio cardinalicio. O proceso de votación divídese en tres partes: pre-escrutinio, onde se preparan as papeletas e se elixe o encargado de lelas; o escrutinio, propiamente dito, así como post-escrutinio, onde se recontan os votos e se queiman as papeletas.
Unha 'fumata negra' indicará que malia a votación, non houbo consenso, mais unha 'fumata branca' anunciará o acordo para a designación dun novo Papa. Até ese momento, hai nomes que soan con máis forza para suceder a Francisco. Segundo avanzou The College of Cardinals Report, unha plataforma que se especializa en seguir os procesos dentro do Vaticano, hai até unha ducia de cardeais que se perfilan como candidatos para suceder o Papa arxentino, quen durante o seu pontificado reformou a composición do Colexio Cardinalicio, concedendo maior protagonismo a cardeais procedentes de Asia, África ou América. Na actualidade son 252 cardeais de 94 países, dos cales 138 son electores.
Unha ducia de candidatos
Matteo Zuppi, arcebispo de Bolonia, Italia. Aos seus 69 anos converteuse nunha das figuras máis destacadas dentro da Igrexa católica en Italia.
Robert Sarah, prefecto emérito da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos. É orixinario de Guinea, concretamente de Ourous, e aos seus 79 anos tivo unha das traxectorias internacionais máis relevantes.
Luis Antonio Tagle, de 67 anos, é orixinario de Manila, Filipinas, e actualmente ocupa o cargo de Prol-Prefecto do Dicasterio para a Evangelización. É un dos rostros máis carismáticos de la Iglesia asiática e un nome recorrente nas quinielas papais polo seu perfil global e capacidade para tender pontes entre culturas.
Malcolm Ranjith, nacido en Polgahawela, Sri Lanka, ten 77 anos e exerce como Arcebispo Metropolitano de Colombo. A súa traxectoria destaca polo seu traballo en diálogo interreligioso nunha rexión marcada pola diversidade cultural.
Pietro Parolin, orixinario de Schiavon, Italia, ten 70 anos e é o actual Secretario de Estado do Vaticano. Considerado un dos homes máis poderosos da Curia romana, é valorado pola súa diplomacia, a súa proximidade co Papa Francisco e a súa experiencia en asuntos internacionais.
Pierbattista Pizzaballa. Patriarca latino de Xerusalén, foi unha figura clave no complexo contexto político e relixioso de Terra Santa. De orixe italiana, o seu traballo á fronte da comunidade católica na rexión converteuno nunha voz de equilibrio no medio de tensións históricas.
Péter Erdó, nado en Budapest, Hungría, é Arcebispo Metropolitano de Esztergom-Budapest e ten unha sólida reputación como teólogo. Representa a á máis intelectual e tradicional do episcopado europeo e foi presidente do Consello das Conferencias Episcopais de Europa.
Willem Eijk, arcebispo Metropolitano de Utrecht, Países Baixos, é tamén médico e bioeticista, nacido en Duivendrecht. O seu firme defensa da doutrina católica converteuno nun destacado representante do pensamento conservador dentro da Igrexa en Europa Occidental.
Fridolin Ambongo Besungu, arcebispo de Kinshasa, na República Democrática do Congo, é un dos líderes máis influentes do catolicismo africano. Comprometido coa xustiza social e a paz no seu país, a súa voz ecoou en temas de pobreza, ecoloxía e dereitos humanos.
Anders Arborelius, nacido en Sorengo, Suíza, pero nacionalizado sueco, é o primeiro cardeal de Suecia e actual Bispo de Estocolmo. O seu nomeamento foi histórico para a Igrexa nos países nórdicos, onde traballou na integración do catolicismo nunha sociedade secularizada.
Charles Maung Bo, nacido en Monhla, Myanmar, é o Arcebispo de Yangon e unha das voces máis activas na defensa dos dereitos humanos en Asia.
Jean-Marc Aveline, nacido en Alxer (Alxeria), é o Arcebispo Metropolitano de Marsella, Francia. Cunha destacada traxectoria académica e pastoral, implicouse especialmente no diálogo interreligioso nun contexto multicultural e complexo como o do sur de Francia.
Con menos opcións que todos os anteriores, o cardeal español Juan José Omella, de 78 anos, actual arcebispo de Barcelona, tamén figura nalgunha quinielas. Nado na localidade turolense de Cretas en 1946, Omella dedicou máis de cinco décadas ao servizo da Igrexa Católica, onde consolidou unha traxectoria que combina a formación teolóxica cun profundo compromiso pastoral.